IRAQUI SHORT FILMS
Mauro Andrizzi, 2008
94´. Vídeo. Subtítulos en galego. Presentación a cargo de Ángel Quintana. Entrada gratuíta.
IRAQI SHORT FILMS
(Arxentina, 2008)
Dirección, guión e produción: Mauro Andrizzi. Duración: 94 minutos.
A guerra en directo ou a antítese da propaganda, unha recompilación de imaxes extraídas de Internet sobre a guerra de Iraq polas que transitan documentadas todas as partes en conflito. Milicias islámicas, poboación civil, soldados estadounidenses e británicos, as empresas de seguridade mercenarias, un catálogo do horror e o desasosego puntuado por unha sucesión de exuberantes textos escollidos por Mauro Andrizzi, programador do festival de Mar de la Plata.