
Moonrise (Noche sin luna)
Frank Borzage's Moonrise
Dane Clark, Gail Russell, Ethel Barrymore, Rex Ingram, Harry Carey Jr, Lloyd Bridges
- 90 min.
Danny é desprezado polos seus compañeiros de clase porque o seu pai foi acusado de asasinato e condeado a morte. Anos despois, Danny mata ó seu rival amoroso.
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
Moonrise (Noche sin luna)
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.Ethel Barrymore en...
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
Moonrise (Noche sin luna)
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.Ethel Barrymore en...
- Ano:1948
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Charles F. Haas (Novela: Theodore Strauss)
- Fotografía: John L. Russell
En Nosferatu n° 20, «Secundarios y antagonistas del Hollywood clásico»
Tony Partearroyo
Moonrise: Historia dun condenado ó abismo que logra remontar e voo; film «maldito», desprezado por crítica e público no momento da súa estrea e hoxe elevado á categorio de culto, calificado polos estudiosos de Borzage como a súa derradeira obra mestra. Unha película extraña, suxerente e perturbadora, incomprensiblemente desdeñada polo seu director, para quen se trataba dun simple exercicio de estilo, «unha sucesión de imaxes cun fondo sonoro, en lugar dunha película falada». A adaptación da novela de Theodore Strauss tentara a Garson Kanin, John Farrow e William Wellman. Ainda cando o seu nome non figura nos títulos de crédito, o guión leva a firma do escritor comunista Vladimir Pozne (...), tanto pola abundancia de referencias psicoanaliticas como polas súas alusións á Depresión (a historia ten lugar en 1932) e ó clima de paranoia colectiva desencadeado pola Comisión de Actividades Antiamericanas, que, en 1947, coincidindo co inicio da rodaxe de Moonrise, iniciara oficialmente a súa cruzada contra os profesionais progresistas do cine norteamericano.
Moonrise: unha historia contada a través das miradas de seus personaxes cunha forza que debe moito a unha galería de secundarios ampla e sen desperdício. Dúas interpretacións permanecen na memoria. A película de Borzage foi unha das raras ocasións en que Rex Ingram (...) puido desplegar a fondo o seu talento. (...) E logo, por suposto, está Miss Ethel Barrymore, cunha presencia que ilumina por si soa o tramo final da película. A súa intervención a penas dura seis minutos e redúcese a dúas escenas, pero á primeira dama do teatro norteamericano lle abondan e lle sobran para demostrar o seu xenio. (...) O seu traballo en Moonrise é un alarde de economia e sobriedade. Sentada xunto a unha mesa, evoca ante o seu neto os ollos e a voz do seu fillo, o pai de Danny, que son precisamente as dúas únicas armas dos que se vale maxistralmente a actriz para apoderarse da pantalla e colmala de emoción. E fascinante o contraste entre a actitude reposada, practicamente inmóbil, de Miss Barrymore e a fervenza de sentimentos que bule na súa mirada.