
Interviews with My Lai veterans
Joseph Strick, 1971
22’. Subt. Galego.
INTERVIEWS WITH MY LAI VETERANS
(Estados Unidos, 1971)
Dirección e guión: Joseph Strick. Produción: Laser Film Corporation. Fotografía: Richard Pearce e Haskell Wexler. Duración: 22 minutos.
Encontro con cinco veteranos de Vietnam, que estiveron presentes o 16 de marzo de 1968 no asalto á vila vietnamita de My Lai, escenario dunha horrenda matanza. Óscar 1971 á mellor curtametraxe documental.