INLAND EMPIRE
David Lynch, 2006
180´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
INLAND EMPIRE
(Francia-Polonia-Estados Unidos, 2006)
Dirección, guión e fotografía: David Lynch. Produción: Studio Canal, Fundacja Cultury, Camerimage Festival, Absurda, Asymmetrical Productions, Inland Empire Productions. Intérpretes: Laura Dern, Jeremy Irons, Justin Theroux. Duración: 180 minutos.
Segundo Lynch “un misterio acerca dunha muller metida en grandes dificultades”. Realizada en formato dixital, protagonizada por unha actriz, Nikki (Laura Dern), funciona a modo de fascinante síntese das súas preocupacións formais e temáticas, dono dun universo ben particular que entrecruza presenzas sensoriais e magnetismo do subconsciente, tendencia á abstracción co perturbador influxo dos espazos e o uso non verbal da palabra, sentenciando de modo maxistral todo relato tradicional. Considerada por “Cahiers du cinéma España” a mellor película do ano pasado.