IMPULSO CRIMINAL
Richard Fleischer, 1959.
103´. Subtítulos en castelán.
COMPULSION / IMPULSO CRIMINAL
(Estados Unidos, 1959)
Dirección: Richard Fleischer. Guión: Richard Murphy. Produción: Darryl F. Zanuck Productions. Fotografía: William C. Mellor. Intérpretes: Bradford Dillman, Dean Stockwell, Orson Welles, E.G. Marshall, Diane Varsi, Richard Anderson. Duración: 103 minutos.
Na década dos anos 20 en Chicago dous estudantes imbuídos das teorías do superhome de Nietzsche secuestran e matan un neno para amosar a súa superioridade. Unha historia real, o coñecido caso Leopold-Loeb que xa inspirara “La soga“ de Alfred Hitchcock, nunha intensa fusión de drama psicolóxico, filme criminal e relato xudicial. Premio interpretativo en Cannes ao memorable trío principal.