ILUMINACIÓN ÍNTIMA
Ivan Passer, 1965.
72´. Subtítulos en galego.
INTIMNÍ OSVETLENÍ / ILUMINACIÓN ÍNTIMA
(Checoslovaquia, 1965)
Dirección: Ivan Passer. Guión: Ivan Passer, Jaroslav Papousek e Václav Sasek. Produción: Filmové Studio Barrandov (Checoslovaquia). Fotografía: Josef Strecha e Miroslav Ondrícek. Intérpretes: Karel Blacek, Zdenek Bezusek, Vera Kresadlová. Duración: 72 minutos.
Un concerto nunha pequena vila permite a dous amigos reencontrarse despois de moito tempo. Petr, músico famoso residente na cidade e a súa moza pasan a fin de semana na casa de Bambas, mestre rural e músico que vive coa súa familia. Baixo a aparencia dunha estampa costumista sobre as diferenzas campo-cidade, transloce a morte da épica da xuventude, a dificultade dos antagonismos e a introdución irreversible do cotián expresados con sutileza e moito humor. Primeira película de Passer, que logo se afincaría nos Estados Unidos.