Hugo Amoedo: curtametraxes
- 65 minutos
Hugo Amoedo, nado en Redondela en 1987, fai filmes en e desde Bélxica. Dirixiu algunhas curtas e neste momento traballa en Bruxelas no seu primeiro proxecto de longametraxe, To Redigit, unha película sobre máquinas, obreiros e cintas de betacam.
Camping Wesertal
(Bélxica, 2013)
Dirección: Hugo Amoedo. Fotografía: Juanita Rodríguez Onzaga. Montaxe: Irene Bartolomé Valenzuela. Dur: 29'.
Triloxía Belga #1: Valonia
En Camping Wesertal, Jacques Doum –un antigo comerciante de petróleo nos 80– e as persoas que instalaron as súas caravanas nesta terra, deben vivir e coexistir ao longo do ano. Camping Wesertal é un western-documental valón, nado como proxecto de máster na Luca School of Arts, Bruxelas.
On n'a pas fait l'amour
(Bélxica, 2014)
Dirixida e montada por Hugo Amoedo & Francisco Moser. Produción: Papier Machine & Hugo Moser. Son, imaxe: Hugo Amoedo. Dur: 8'.
On n'a pas fait l'amour é a primeira parte dun díptico titulado Papel Máquina, proxecto nado baixo os auspicios da revista Papier Machine. O filme formou parte do primeiro número, Papier Machine "Souffle".
Europa
(Bélxica, España, 2017)
Dirección e montaxe: Hugo Amoedo. Corrección de cor: Juanita R. Onzaga. Dur: 28'.
Triloxía Belga #2: Bruxelas
Recordo que Europa e eu non estabamos pasando polo mellor momento
-
Cineclube Lumière
Hugo Amoedo: curtametraxes
- Ano:2017
- Países de produción: Bélxica