IL PIÙ BEL GIORNO DELLA MIA VITA
Cristina Comencini, 2001.
102´. Subtítulos en castelán.
IL PIÛ BEL GIORNO DELLA MIA VITA
(Italia, 2001)
Dirección: Cristina Comencini. Guión: Cristina Comencini, Giulia Calenda, Lucilla Schiaffino. Produción: Riccardo Tozzi, Giovanni Stabilini, Marco Chimenz e Cattleya e Rai CinemaTres. Fotografía: Fabio Cianchetti. Intérpretes: Virna Lisi, Margherita Buy, Ricky Tognazzi. Duración: 102 minutos.
Tres fillos dunha anciá —a primeira infelizmente casada, a segunda illada na súa soidade tras a morte do marido, e o terceiro marcado por unha homosexualidade fatigosa e mal disimulada— reúnense con ela en periódicas comidas de familia nas que a verdade non está convidada.
Cada un sofre de distintas formas por unha educación baseada nun amable conformismo e un forte apego á tradición, que os fai sentir irremediablemente fóra de lugar cada vez que a vida lles esixe decisións pouco ortodoxas ou de explícita ruptura.