HAY QUE MATAR A B
José Luis Borau, 1973
97'
HAY QUE MATAR A B
(España-Suíza, 1973)
Dirección: José Luis Borau. Guión: José Luis Borau e Antonio Drove. Produción: El Imán, Luis Megino e Taurean Films. Fotografía: Luis Cuadrado. Intérpretes: Darren McGavin, Stéphane Audran, Patricia Neal, Burgess Meredith, Luis Prendes. Dur.: 97 min.
Desmitificador thriller de intriga internacional que quebra estereotipos xenéricos. O tempo reforza o valor dun filme atípico no que cuestións capitais na obra do autor como a itinerancia, o desarraigo apátrida, o nacionalismo e as limitacións subxacentes nas fronteiras establecidas polos homes se erixen en parte esencial dunha narración áxil, fluída e con altas doses de abstracción. Prexudicada por unha pésima distribución, inicio das penalidades que sempre atopará o cineasta.