GOODBYE, DRAGON INN
Tsai Ming-Liang, 2003.
82´. Subtítulos en galego.
GOODBYE, DRAGON INN
(Taiwán, 2003)
Dirección e guión: Tsai Ming-Liang. Produción: Homegreen Films Company. Fotografía: Liao Ben-bong. Intérpretes: Lee Kang-sheng, Chen Shiang-chyi. Duración: 82 minutos.
Un cine decrépito e labiríntico en Taipei, dise que embruxado e convertido en santuario gay, proxecta a súa derradeira película. O proxeccionista elude as atencións da vendedora de billetes coxa, algúns espectadores miran pasmados a película, un clásico do kung fu, entre eles un actor que chora ao verse na pantalla. O resto enreda, xoga, insinúaselle ao veciño con mans e pernas ou pérdese nos baños na procura de plan.