Cuento de primavera
Anne Teyssèdre, Florence Darel, Hughes Quester
- 108 minutos
O comezo dunha nova serie de filmes de Éric Rohmer, os Contos das Catro Estacións. Unha moza profesora graduada en filosofía é convidada a pasar unha fin de semana no campo por unha amiga, quen tamén leva ao seu pai, que á súa vez vai coa súa moza amante. Por unha serie de circunstancias, a profesora e o pai da súa amiga quedan sós. A simplicidade, o número reducido de personaxes, a complexidade das relacións e os sentimentos máis uns diálogos de excelencia marcan éste título perspicaz que amosa a vulnerabilidade dos afectos, a errancia ou os principios sociais con momentos memorables como unha cea e un diálogo de seducción, mentres escoitamos a Schumann, Beethoven ou Valero.
-
-
-
Éric Rohmer, contos das catro estacións
Cuento de primavera
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.
- Ano:1990
- Países de produción: Francia
- Guión: Éric Rohmer
- Fotografía: Luc Pages
- Montaxe: María Luisa García
- Produtora(s): Les Films du Losange, CER, Investimage