
Goff in the Desert
Heinz Emigholz, 2003
110'. 35 mm. Presentación por Fernando Agrasar
GOFF IN THE DESERT / GOFF IN DER WÜSTE
(Alemaña, 2003)
Dirección e fotografía: Heinz Emigholz. Produción: Filmgalerie 51 e WDR. Duración: 110 minutos.
Nunha viaxe de corenta días polos Estados Unidos, Heinz Emigholz vai documentando sesenta e dous edificios ou construcións do arquitecto Bruce Goff. A singularidade das súas formas, estruturas fascinadoras, constitúen o estilo único dun arquitecto sen educación formal que deixa algún dos traballos máis interesantes do século XX.