
El resplandor
The Shining
Jack Nicholson, Shelley Duvall, Danny Lloyd
- 143 minutos
Jack Torrance quere escribir unha novela e acepta un emprego como garda durante o inverno nun hotel, o Overlook. O lugar permanece pechado nesa estación e completamente illado do mundo exterior. O director advírtelle de que en 1970 un garda anterior, Grady, asasinou a súa muller e dúas fillas, antes de se suicidar. Torrance instálase no lugar coa esposa, Wendy, e o fillo pequeno, Danny. Buscando o equilibrio fráxil “entre o psicolóxico e o sobrenatural”, Kubrick pasa coa súa troupe meses e meses de vida embarcado nesta aventura. Versión da popular novela de Stephen King, cun guión de Kubrick en colaboración coa experta en novela gótica Diane Johnson, o alucinante hotel recreado por Roy Walker ou o gozoso labor visual, cheo de momentos inesquecibles, danlle co tempo unha nova dimensión a este filme en que o seu autor prefigura e ausculta a paisaxe posmoderna fílmica ao empregar unha estrutura que facilita “motivos, variacións e resonancias”.
- Ano:1980
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Stanley Kubrick, Diane Johnson; Stephen King (obra)
- Fotografía: John Alcott
- Montaxe: Ray Lovejoy
- Produtora(s): Hawk Film/Peregrine para Warner Bros.