Gimme Shelter
Albert Maysles, David Maysles e Charlotte Zwerin, 1970
90’. Vídeo. Subt. Castelán.
GIMME SHELTER
(Estados Unidos, 1970)
Dirección: Albert Maysles, David Maysles e Charlotte Zwerin. Produción: Maysles Films e Penforta Ltd. Fotografía: Albert Maysles, David Maysles, Peter Adair, Baird Bryant, Joan Churchill, Ron Dorfman, Robert Elfstrom, Elliott Erwitt, Bob Fiori, Adam Giffard, William Kaplan, Kevin Keating, Stephen Lighthill, George Lucas, Jim Moody, Jack Newman, Pekke Niemela, Robert Primes, Eric Saarinen, Peter Smokler, Paul Ryan, Coulter Watt, Gary Weiss e Bill Yarrus. Duración: 90 minutos. A xira estadounidense dos Rolling Stones en 1969 remata co tristemente afamado concerto de Altamont, onde as forzas de seguridade do evento -nada menos que os Anxos do Inferno- matan unha persoa. As interioridades e retrato do mítico grupo, o metarrelato (os Rolling testemuñas a posteriori de todo o acontecido), as negociacións previas á traxedia de Altamont, a inmediatez, a fluidez e o enorme ritmo narrativo fornecen pistas sobre algunhas das claves do declive da contracultura. A festa filmada e seleccionada polos Maysles e Charlotte Zwerin remata en conto de terror non apto para agorafóbicos. A banda sonora inclúe tamén a Ike&Tina Turner, The Flying Burrito Brothers e Jefferson Airplane.