Hurlements en faveur de Sade
- 79 minutos
Primeira película de Guy Debord e exemplo da súa adscrición temporal ao letrismo. O filme é unha negación da imaxe, pantallas alternas en brancos e negros, e unha banda sonora autónoma, na que se suceden diálogos sobre política e amor, novas da prensa, extractos do código civil, lecturas de novelas coas voces de Gil J. Wolman, Isidore Isou, Barbara Rosenthal e do mesmo Debord. Entre as frases, un resumo contundente ao coidado de Debord: “decidín destruír o cine porque era máis sinxelo que matar viandantes”. Esta antipelícula recolle a herdanza de Isou (o cine discrepante ou a separación imaxe-audio) e a enorme influencia d’El anticoncepto de Wolman, non só na negación extrema do visible, senón nunha idea concreta: rematar co cine está asociado á ampliación das súas posibilidades críticas.
-
Guy Debord: contra o cinema
Hurlements en faveur de Sade
Sur le passage de quelques personnes à travers une assez courte unité de temps
Presentación (virtual) a cargo de Paulino Viota. Entrada de balde.
- Ano:1952
- Países de produción: Francia
- Guión: Guy Debord