Gimme Danger
Jim Jarmusch, 2016
108'. DCP. Subt. Castelán
Gimme Danger / Gimme Danger. La historia de los Stooges
(Estados Unidos, 2016)
Dirección e guión: Jim Jarmusch. Montaxe: Affonso Gonçalves, Adam Kurnitz. Con: Iggy Pop, Ron Asheton, Mike Watt, Scott Asheton, James Williamson. Dur: 108'.
O público acolleu con afervoamento en Cannes a última obra de Jarmusch e Iggy Pop, que foron recibidos como verdadeiras estrelas do rock na alfombra vermella e con salvas de aplausos inacabables que demoraron o comezo da proxección de media noite. Como reza o título en castelán, o documental é exactamente iso: a historia dos Stooges, contada polo seu vocalista coa recuperación de moito arquivo e entrevistas. Cunha montaxe de ritmo endemoñado, a película trasládanos ás entrañas desta lendaria banda de punk.