
El tiroteo
The Shooting
Warren Oates, Will Hutchins, Millie Perkins, Jack Nicholson, B.J. Merholz, Charles Eastman, Guy El Tsosie
- 82 min.
Willett Gashade, un ex cazador de recompensas, regresa á súa mina e atopa ao seu irmán desaparecido e a un compañeiro morto. Unha muller misteriosa contrátao para escoltala polo deserto, acompañado polo seu amigo inxenuo Coley e un pistoleiro sinistro, Billy Spear. Durante a viaxe, Willett sospeita que a muller busca vinganza por algo relacionado co seu irmán, culminando nun enfrontamento críptico e existencial.
- Ano:1966
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Carole Eastman (acreditada como Adrien Joyce)
- Fotografía: Gregory Sandor
- Montaxe: Monte Hellman
- Produtora(s): Proteus Films, Santa Clara Productions
Unha ducia de excéntricos westerns
Jonathan Rosenbaum (DVD Beaver, xuño de 2006)
O único western verdadeiramente vangardista da miña lista (aínda que Johnny Guitar lle queda preto), con guión de Carole Eastman baixo o pseudónimo de Adrian Joyce. Hellman rodouno nuns 18 días, xunto co western algo máis convencional A través del huracán, e logo botou medio ano editando ambos. O excelente libro de Brad Stevens Monte Hellman: His Life and Films (Jefferson, NC/London: McFarland & Company, 2003) relaciona esta estraña película, que el chama a primeira obra mestra de Hellman, con Esperando a Godot de Samuel Beckett, pero eu son máis partidario de considerala o mellor western que Alain Resnais nunca fixo. Tamén é a primeira película que Hellman rodou co seu actor por excelencia, Warren Oates -que posteriormente interpretou outros papeis indelebles en Carretera asfaltada en dos direcciones (1971), Gallos de pelea (1974) e o seu último western ata o momento, Clayton Drumm (1978)-, e os memorables coprotagonistas de Oates son Jack Nicholson (que coproduciu a película con Hellman), Millie Perkins e Will Hutchins. Se non fose tan divertida á súa inimitable e absurda maneira, supoño que podería cualificarse de pretensiosa, pero só a risco de perder toda a súa horrible diversión.
Tradución propia do inglés.