El séptimo sello
Det sjunde inseglet
Max von Sydow, Gunnar Björnstrand, Nils Poppe, Bibi Andersson, Bengt Ekerot
- 96 minutos
A mediados do século XIV a peste negra asola Europa. O cabaleiro Antonius Blovk volve das cruzadas logo dunha década loitando contra os mouros. Polo camiño encóntrase coa Morte, á que lle propón unha partida de xadrez coa esperanza de obter dela as respostas ás grandes preguntas da vida.
Filme existencial, seguramente o máis celebre de Bergman, que lle valeu ao actor Max von Sydow o recoñecemento mundial polo seu memorable papel de cruzado. Unha obra mestra.
- Ano:1957
- Países de produción: Suecia
- Guión: Ingmar Bergman
- Fotografía: Gunnar Fischer
- Montaxe: Lennart Wallén
- Produtora(s): Svensk Filmindustri
Bergman's Dreams
Vídeo ensaio de Michael Koresky (Film Comment) para a colección Criterion centrado no carácter onírico dos filmes de Bergman