Vaya luna de miel (El escarabajo de oro)
Lina Romay, Emilio Álvarez, Antonio Mayans
- 93
Simón é o afillado dun aristócrata, un mozo despistado que acaba de casar con Yolanda. Na súa lúa de mel nunha illa tropical visitan unha feira. Alí un individuo moribundo confunde a Simón con outro Simón e entrégalle un papel. A partir de aí, un grupo de criminais comeza a perseguilos. E aparecen pistas que poden conducir a un tesouro. Unha versión do célebre relato de Edgar Allan Poe O escaravello de ouro, narración á que Franco se aproximaría en máis ocasións. Unha comedia de aventuras que se cría inconclusa e que supón toda unha estrea case 40 anos despois grazas á aparición a comezos de 2019 dunha copia montada, completa nos fondos do Centro de Conservación e Restauración de Filmoteca Española.
- Ano:1980
- Países de produción: España
- Guión: Jess Franco; Edgar Allan Poe (obra)
- Fotografía: Juan Soler
- Produtora(s): Magna Films