
La nube
La nuée
Suliane Brahim, Nathalie Boyer
- 100 minutos
Virginie é unha muller viúva que vive nunha granxa dedicada á cría de saltóns. Cos dous fillos adolescentes na casa, comeza a ter problemas económicos. A través da adopción de certas medidas drásticas, aumenta o ritmo de traballo. Pouco a pouco comeza a perder o control sobre a súa vida, algo que non deixará indiferente á súa contorna. Primeira longametraxe de Just Philippot, premiada en Sitges e presente na Semana da Crítica en Cannes, un filme de corte fantástico ben singular, en palabras do seu autor “un thriller agrícola que remata nunha película catástrofe”.
- Ano:2020
- Países de produción: Francia
- Guión: Jérôme Genevray, Franck Victor
- Fotografía: Romain Carcanade
- Produtora(s): Capricci Films, The Jokers Films, arte France Cinéma