Whiplash
Jamie Livingston, Warren Sonbert, Suzanne Fedak, Jeff Scher, Madonna, Sean Penn, Meredith Brody
- 20 min.
Foi terminada postumamente a partir dunha montaxe completa de Sonbert, e sonorizada seguindo as súas indicacións sobre a disposición da música. Aínda continuando o seu estilo de montaxe asociativa, a película articúlase en secuencias sobre unha mesma acción ou acontecemento. As xustaposicións despréganse entre as distintas seccións e no choque irónico entre imaxe e son, máis que no paso dun plano ao seguinte. Reúne imaxes dun mozo patinando mentres toca unha mandolina, un desfile sionista en Nova York, xudeus rezando no Muro das Lamentacións, unha corrida de touros, acróbatas e domadores do circo, un concerto flamenco en Washington DC, un concurso de animais, o taller dun conservador de arte e unha voda, entre outros.
Música: Maurice Jarre («Main Title» de Lawrence of Arabia), Leonard Bernstein («Mambo» de West Side Story), Richard Wagner («Prolog: “O Heilige Götter! Hehre Geschlechter!”» de Götterdämmerung), Creedence Clearwater Revival («I Heard It Through the Grapevine»), Richard Strauss («Mondscheinmusik», fragmento de Capriccio).
Dedicada á memoria de Ray Larsen.
-
Ponte aérea: o cine de Warren Sonbert
The Tenth Legion
Whiplash
Noblesse Oblige
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Presenta: Francisco Algarín.
- Ano:1995-1997
- Países de produción: Estados Unidos
- Montaxe: Warren Sonbert, Jeff Scher