
Una historia verdadera
The Straight Story
Richard Farnsworth, Sissy Spacek, Harry Dean Stanton, Everett McGill
- 111 min.
David Lynch sorprendeu con esta historia tan sinxela como conmovedora dun ancián que percorre 500 quilómetros entre Iowa e Wisconsin para ir visitar o seu irmán enfermo no único medio de transporte do que dispón: un cortacéspede. O seu apelido, Straight (directo, recto), é toda unha declaración de intencións. A película avanza lenta e inexorablemente nunha única dirección, deténdose nas inmensas paraxes da América profunda e nas súas xentes, cuxos rostros son filmados, cos sucos da pel labrada polas duras condicións do campo, tal maxestosas montañas ou cativadores desertos. Todo un exemplo de clasicismo que demostrou que Lynch era bastante máis que o cineasta da incomodidade.
- Ano:1999
- Países de produción: Estados Unidos, Francia, Reino Unido
- Guión: John Roach, Mary Sweeney
- Fotografía: Freddie Francis
- Montaxe: Mary Sweeney
- Produtora(s): Asymmetrical Productions, Canal+, Channel Four Films