![Un viaje por Galicia (1929)](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/49175736.jpg?itok=MnuvqvFZ)
Un viaje por Galicia (1929)
105 min. Fotografía:
Luis R. Alonso
Documental sobre Galicia realizado co gallo da Exposición Iberoamericana de Sevilla, co que se pretende dar a coñecer as paisaxes e monumentos de Galicia nun percorrido polas catro provincias. É a única longametraxe documental da Galicia da preguerra. Hoxe en día o seu valor testemuñal e histórico é indubidable. A contemplación das arquitecturas desaparecidas, as mutacións na morfoloxía urbana, os contrastes entre o medio rural e a burguesía que paseaba polos balnearios, supoñen unha auténtica viaxe ao pasado dunha Galicia en grande medida xa desaparecida.
Fondos en empréstito