Viaje por Galicia, Un. 1929
105 min. Fotografía:
Luis R. Alonso
Documental sobre Galicia realizado co gallo da Exposición Iberoamericana de Sevilla, co que se pretende dar a coñecer as paisaxes e monumentos de Galicia nun percorrido polas catro provincias. É a única longametraxe documental da Galicia da preguerra. Hoxe en día o seu valor testemuñal e histórico é indubidable. A contemplación das arquitecturas desaparecidas, as mutacións na morfoloxía urbana, os contrastes entre o medio rural e a burguesía que paseaba polos balnearios, supoñen unha auténtica viaxe ó pasado dunha Galicia en grande medida xa desaparecida.
Fondos en préstamo