Tres
Marta Nieto, Miki Esparbé, Luisa Merelas
- 104 minutos
Unha deseñadora de son pasa infinidade de horas soa gravando efectos, editando e mesturando. Quen sabe se é un refuxio onde delongar as estragadas relacións que mantén coa exparella, coa nai anciá e cos propios compañeiros de traballo. Malia que ela non o saiba, está comezando a desincronizarse. Como se fose unha película mal sonorizada, o seu cerebro comezou a procesar o son máis tarde que as imaxes. Contén planos rodados na Filmoteca de Galicia. Premio Goya polo seu son e Mestre Mateo ao mellor filme, son e actriz principal (sobrancea o magnetismo omnipresente de Marta Nieto).
- Ano:2021
- Países de produción: España, Francia, Lituania
- Guión: Juanjo Giménez, Pere Altimira
- Fotografía: Javi Arrontes
- Produtora(s): Frida Films, Manny Films, M-Films