Time and Tide
- 35 minutos
A cuarta e última das películas de Peter Hutton sobre o val do río Hudson e a segunda dedicada ao río. Máis que iso, Time and Tide é tamén un percorrido histórico, pois comeza cunhas imaxes de arquivo (unha sorte de time-lapse: Down the Hudson, filmada por Billy Bitzer en 1903) e prosegue con tomas desde barcos que navegan polo río. En certo modo anticipa At Sea (2007), en particular nos planos filmados desde os barcos, algúns a través dos mesmos ollos de boi. Por primeira vez desde os seus comezos, Hutton volve á cor nesta película que combina o sublime (o Hudson e as súas paisaxes) co monstruoso (os grandes buques), case coma unha síntese do proceso de colonización do continente.
-
First Cow/Peter Hutton
Landscape (for Manon)
Study of a River
Time and Tide
First Cow
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.Sesión dobre, descanso 10 minutos. Entrada de balde.
- Ano:2000
- Países de produción: Estados Unidos