
Sycorax
Agustina Muñoz, Diana Diegues, Susana Abreu
- 20 min.
Sycorax é un personaxe oculto d' A tempestade, de Shakespeare. Unha muller, unha “bruxa” que foi sempre ignorada á hora de interpretar esa obra mestra. E que agora reaparece para buscar o seu sitio e tamén a súa voz. Entre a cultura clásica e o novo cinema, Matías Piñeiro e Lois Patiño unen forzas e regálannos unha curtametraxe refulxente, inzada de achados estéticos, que pasou polos festivais de Cannes, Toronto ou Xixón.
- Ano:2021
- Países de produción: España, Portugal
- Guión: Lois Patiño, Matías Piñeiro
- Fotografía: Mauro Herce
- Produtora(s): Filmika Galaika, Bando à Parte