![Só hai horizonte](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/so_hai_horizonte.jpg?itok=VTXJTAEl)
Só hai horizonte
Carlos Álvarez-Ossorio (recitador)
- 53 min.
O personaxe poético regresa por mar, logo de longo tempo ausente, á súa Coruña natal. Recorda e percorre determinados espazos da cidade que foron fundamentais para el na súa infancia e mocidade. Despois (no terceiro movemento) emprende un periplo por lugares concretos da Galicia interior e da Costa da Morte para, finalmente, retornar (a estrutura é circular) ao espazo mítico fundacional e eterno (a Torre de Hércules) en busca da plenitude definitiva e consoladora. A Torre representa a infinitude temporal e a inmutabilidade permanente en contraste coa nosa fuxidía finitude.
Con fotografías de: Francisco Pillado González, Schmidt de las Heras, José Vázquez Paz, José Villar Martelo, Vari Caramés, José Caruncho, Xurxo Gómez-Chao, Xoán Piñón, Juan Rodríguez.
Música: Juan Vara. interpretada por OSG Sinfonietta · José Trigueros (director)
Poemas: Xavier Seoane
-
Off Galicia
Só hai horizonte
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación e coloquio cos autores. Entrada de balde
-
- Ano:2024
- Países de produción: España
- Guión: Juan Vara, Manuel del Río
- Fotografía: Manuel del Río
- Montaxe: Manuel del Río