Salomé
- 65 minutos
Este filme non é a ilustración dun relato histórico ou dunha obra de teatro, mais está estruturado pola súa dinámica propia en tres elementos básicos: a luz, a cor e a velocidade de proxección. Pola súa interacción procura a ollada do espectador.
O filme propón un cuestionamento sobre:
1) o que xera, isto é, a súa propia historia;
2) o imaxinario do espectador e a súa ollada;
3) o único exterior cuestionado: o devir da imaxe que é a súa soa posibilidade de ser (...)
A música utilizada non ilustra o filme, mais propón un contrapunto á imaxe e desenvolve un percorrido paralelo, percorrido que atopa por momentos os puntos de sutura, que son cristalizacións de cadeas de motivacións, que provocan e mostran a posibilidade infinita de interpretacións dunha imaxe. (...)
(Light Cone)
Salomé, un verdadeiro meteoro. Esta obra enfeitiza coma un ritual, unha cerimonia; diríxese directamente aos sentidos, á nosa apetencia polo pracer estético. Apenas é pola identificación das frases do drama que se desenvolve o noso interese, mais grazas a unha atmosfera barroca, fascinante, que supera a letra do mito para disolvelo nunha embriaguez visual, nun novo organismo que funciona de xeito autónomo. (...) En efecto, nunca este aspecto turbulento da tradición xudeu-cristiá, que mestura de forma perversa o voluptuoso e a morte, se desenvolvera con tal xustiza expresiva, constantemente sostido por un material visual dunha gran densidade, que neste filme onde a intrusión fascinante e repetida dun cranio sofisticado, saído da imaxinación macabra dun Félicien Rops, vén puntuar con resplandor as diversas fases.
Raphaël Bassan