Rushing Green with Horses
Rasendes Grün mit Pferden
Ute Aurand, Robert Beavers
- 82 minutos
Un título enigmático que non é tal, senón unha descrición simple e prosaica dunha imaxe que ha formar parte da futura película. Ute Aurand sérvese precisamente deste tipo de imaxes cotiás, intrascendentes e, si, prosaicas: imaxes que abranguen un período de vinte anos, entre 1999 e 2018, unhas en cor, outras en branco e negro, algunhas silentes, moitas sonoras, todas elas centradas no seu universo máis íntimo e familiar. Nelas vemos o seu compañeiro, o tamén cineasta Robert Beavers, e a moitos amigos, mais nomeadamente a irmá e as sobriñas que, nesas dúas décadas, medran ante os nosos ollos. Son breves flashes filmados coa Bolex que, abstraídos do formalismo de Beavers ou da tensión das películas autobiográficas de Brakhage, remiten ao ton elexíaco dos diarios de Mekas, a ese grao de intimidade que só se atinxe cando un está cos seus e os mira con tanta confianza como afecto: a tradución exacta da felicidade.
- Ano:2019
- Países de produción: Alemaña
- Guión: Ute Aurand
- Fotografía: Ute Aurand
- Produtora(s): Ute Aurand Filmproduktion