Resonancias
Margarita Sánchez, Marica do Neiva
- 15 min.
Resonancias converteuse nunha fermosa exploración polo universo compartido e descoñecido da Lusofonía en Sadurniño realizada por unha cineasta da fronteira. Diana foi quen de atopar nunha aldea allea o ronsel da súa identidade cultural e, ao tempo, ser fiel a si mesma e á propia memoria persoal. O talento da cineasta luso-galaica foi quen de diluír, mediante resonancias vividas, os 220 km que nos separan da súa patria da infancia. (Manolo González)
Resonancias naceu na oitava edición do laboratorio audiovisual Chanfaina Lab (San Sadurniño, A Coruña) realizado en 2024.
-
Off Galicia
Resonancias
Tão Pequeninas, Tinham o Ar de Serem Já Crescidas
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPPresenta: Diana Gonçalves. Entrada de balde.
- Ano:2024
- Países de produción: España
- Guión: Diana Gonçalves
- Fotografía: Adriana Páramo
- Montaxe: Adriana Páramo
- Produtora(s): Chanfaina Lab
-
Crónica da MICE 2025
Ana Triñáns (El Correo Gallego)
Tráiler
VO
Notas de dirección
Diana Gonçalves
O punto de partida é a aproximación a un lugar que descoñezo. Intuitivamente busco elementos familiares para superar esa sensación de estrañamento, que me xera certa incomodidade. Ao mesmo tempo, por razóns prácticas, preciso dun punto de partida para empezar a elaborar unha historia. Un fío do que tirar. Unha cuestión intuitiva e de necesidade. Vou na procura de algo que resoe en min e que teña que ver co lugar. Escoito falar duns portugueses que foron traballar a San Sadurniño, é a primeira resonancia. Sigo investigando en "Fálame de San Sadurniño" e ao ver a foto do palco da música de Ferreira, sinto a segunda resonancia. Xa teño un espazo e uns protagonistas para comezar a construír. E nese exercicio de reconstrución que atravesa a memoria, tento unir o pouco que sei de cada un, teño a tentación de unilos de maneira ficticia, intencionalmente, a través da hipótese verosímil de que puideron ser estes homes os que construíron o palco da música de Ferreira. A cada paso que vou dando, avanzo e ao mesmo tempo encontro novos ocos. Fainos falta a memoria pero tamén a imaxinación. A historiadora Margarita Sánchez lévame ata a descendente dun destes portugueses. Pero faltan documentos, non temos sempre a quen preguntar, recordamos só unha parte. A historia sempre estará incompleta pero o que realmente importa é a busca que sempre trae algunha revelación. Ao final estou máis próxima do lugar do que inicialmente sospeitaba. Esta procura que parte do pasado, lévame a recoñecer unha ferida e a restablecer o meu vínculo coa música. A identidade constrúese a cada momento, así como se vive.