
Recuerda
Spellbound
Ingrid Bergman, Gregory Peck, Michael Chekhov, Leo G. Carroll, Rhonda Fleming
- 111 minutos
Nun hospital psiquiátrico, a doutora Constance Petersen é unha das máis brillantes do cadro de persoal. Cando ao hospital chega un novo director, o doutor Edwardes, todos se sorprenden da súa mocidade e a doutora Petersen séntese decontado atraída por el. Porén, axiña se apercibe de que Edwardes non só sofre fondos trastornos mentais, senón que tamén perdeu a memoria e cre firmemente que, logo de matalo, suplantou o verdadeiro Doctor Edwardes. “Tradicionalmente, segundo explicaba o director, as escenas oníricas sempre foran presentadas no cine envolvidas en fume e filmadas coa cámara desenfocada, para darlles un aspecto nebuloso e indefinido. ‘Mais os soños non son así; son moi, moi vívidos’. De modo que Hitchcock escolleu a Dalí para que este ilustrase a secuencia co seu estilo persoal, que posuía unha nitidez claramente definida, sólida e arquitectónica.” (Gene D. Phillips)
- Ano:1945
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: John Palmer, Hilary St. George Saunders, Angus MacPhail; Ben Hecht (obra teatral)
- Fotografía: George Barnes
- Montaxe: William Ziegler, Hal C. Kern
- Produtora(s): Selznick International Pictures, Vanguard Pictures