A rapariga
Eltávozott nap
Kati Kovács, Teri Horváth
- 80 minutos
A rapariga traballa nunha fábrica téxtil. A rapariga, educada nun orfanato, busca desesperadamente aos seus pais. A rapariga atopa a súa nai nunha pequena aldea e esta pídelle que agoche a súa identidade ante a súa nova familia. A rapariga síntase terriblemente soa, inicia curtas relacións con homes que non a enchen. A rapariga decide axudar a un home que parece saber algo sobre a morte de seu pai, mais acaso lle está a contar a verdade? Premio especial Seminci 1969.
Aínda que Mészáros xa estaba curtida como realizadora tras haber ter traballado durante quince anos de documentalista no NODO húngaro, esta é a súa primeira longo de ficción. Todas as súas inquietudes temáticas e a sosegada experimentación nas formas xa están aquí. Criada nunha institución tras o falecemento de seus pais, este elemento vai marcar moitas das súas tramas. Na súa primeira etapa abundan as rapazas rebeldes contra o sistema de valores sociais do momento, como acontece en toda Europa tras maio do 68, sentimento a miúdo expresado a través da música popular. Neste caso contou como protagonista con Kati Kovács, cantante rock que era toda una celebridade cando filmou esta película.
- Ano:1968
- Países de produción: Hungría
- Guión: Márta Mészáros
- Fotografía: Tamás Somló
- Montaxe: Zoltán Farkas
- Produtora(s): Mafilm Studio 4