Psicosis
Psycho
Anthony Perkins, Janet Leigh, Vera Miles, John Gavin, Martin Balsam
- 109 minutos
Marion foxe de Phoenix levando consigo os corenta mil dólares que o seu xefe lle encargara entregar no banco. Acaba chegando a un motel pouco frecuentado, onde o seu propietario, Norman Bates, lle confía que vive na compaña de súa nai, unha muller de carácter moi difícil. “Para Hitchcock o soño americano converteuse en pesadelo. Por debaixo dese mundo de amor romántico e provinciano, de citas en segredo, de sándwichs de queixo a medio comer e de moteis á beira da estrada, medran raíces demoníacas. Psycho vai máis aló dos convencionalismos do xénero gótico; constitúe un tratado sobre o maternalismo puritano e, ao mesmo tempo, unha psicanálise do espectador.” (Donald Spoto)
- Ano:1960
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Joseph Stefano; Robert Bloch (novela)
- Fotografía: John L. Russell
- Montaxe: George Tomasini
- Produtora(s): Shamley Productions