Prisioneros de la tierra
Ángel Magaña, Homero Cárpena, Roberto Fugazot, Elisa Christian Galvé, Pepito Petray, Francisco Petrone, Félix Tortorelli, Raúl De Lange
- 85 min.
Un capataz dun herbal (Francisco Petrone) recruta con enganos a traballadores que explota en réxime de escravitude na súa plantación de mate, situada na provincia arxentina de Misiones. Entre eles o interpretado por Ángel Magaña, que se rebela ante as inxustizas e ante unha predestinación tráxica vinculada á paisaxe e ao territorio, perpetuada polos grandes terratenentes que impoñen a pobreza e a servidume coma unha orde natural inamovible.
Notas sobre a restauración: Esta película —fito do cinema arxentino— existía unicamente en copias en 16 mm. O Museo del Cine Pablo Ducrós Hicken de Buenos Aires encontrou unha copia en 35 mm en excelente estado de conservación en Francia, que proviña directamente do negativo orixinal, e outra copia en 35 mm na Filmoteca Nacional Checa en Praga. Ambas serviron para realizar a restauración dixital no laboratorio L'Immagine Ritrovata de Bologna, coa colaboración da Film Foundation de Martin Scorsese.
Copia do Museo del Cine Pablo Ducrós Hicken.
-
Cinema, rexistro vivo da nosa memoria
Prisioneros de la tierra
Versión lingüística:VOFormato:DCPEntrada de balde
- Ano:1939
- Países de produción: Argentina
- Guión: Ulyses Petit de Murat, Darío Quiroga
- Fotografía: Pablo Tabernero
- Montaxe: José De Nico, Gerardo Rinaldi
- Produtora(s): Olegario Ferrando