
Presentación do fotolibro "Hot España", de María Meseguer
- 45 min.
Hot España é un fotolibro creado a partir dunha serie de percorridos por diversas cidades, por diversos interiores e exteriores, polo centro e os arrabaldos, por onde acaba a cidade e comeza o campo, ao longo dos anos, que insiste nunha ollada atenta, vagabunda e sensible. O que máis lle chama a atención a María Meseguer (Madrid, 1966) son os espazos baleiros, as sombras proxectadas, as fachadas erosionadas, os escaparates. Imaxes entrevistas, fuxidías, evocadoras, que constrúen, ao dispoñérense en forma de libro, unha nova deriva.
-
Fóra de serie
Presentación do fotolibro "Hot España", de María Meseguer
Versión lingüística:VOFormato:HDCoa participación de Javier Trigales, Juan Gallego, Ignacio Pérez-Jofre e María Meseguer. Entrada de balde.
- Ano:2023
- Países de produción: España