My Sister's Good Fortune
Das Glück meiner Schwester
Anna Bolk, Angela Schanelec
- 84 minutos
Pola tarde, á saída dun parque. Christian foi buscar a Ariane ao traballo e agardan polo autobús. Ariane fala sobre o seu traballo nos viveiros e sobre a súa irmá, Isabel. Christian namorouse de Isabel e Ariane fala do seu temor a ser abandonada por el. Christian é un fotógrafo sen ingresos regulares. Ao mediodía come na casa dun amigo que é pintor, que ten muller e un fillo e que leva unha vida que non é cuestionada por ninguén. Christian pregúntalle a Isabel se quere mudarse á súa casa e este trata de non volver ver a Ariane. Os tres pensan que é só cuestión de tempo que todo volva á normalidade, mais ninguén sabe de que modo actuar durante ese tempo.
- Ano:1995
- Países de produción: Alemaña
- Guión: Angela Schanelec
- Fotografía: Reinhold Vorschneider
- Montaxe: Angela Schanelec
- Produtora(s): DFFB