Stereo (Tile 3B of a CAEE Educational Mosaic)
Ronald Mlodzik, Jack Messinger, Paul Mulholland
- 65 minutos
Atopámonos no futuro, sen saber exactamente en que ano, e na Academia Canadense de Investigación Erótica. Alí teñen lugar unha serie de experimentos dirixidos polo parapsicólogo Luther Stringfellow cun grupo de persoas que voluntariamente se ofrecen para probar en si mesmos unha nova forma de cirurxía cerebral que anulará a súa capacidade de fala, substituíndoa por unha nova capacidade de comunicación telepática. Estas novas facultades utilizaraas o doutor Stringfellow para observar, analizar e explorar o funcionamento das relacións sexuais.
Os individuos limitados na súa función comunicativa da fala desenvolverán outro xeito de se comunicaren e de estableceren vínculos que substitúan “a obsoleta unidade familiar”. A medida que o experimento avanza, as teorías de Stringfellow parecen confirmarse. Con axuda de fármacos afrodisíacos, Stringfellow estimulará a manifestación dunha perversidade polimorfa inherente en cada suxeito. Con todo, os seus “suxeitos de estudo” desenvolverán comportamentos agresivos, esquizoides e ata suicidas. O doutor Stringfellow non se deixará ver en toda a película, mais o seu personaxe é o que posibilita todo o escenario e universo da investigación.
Stereo dános a coñecer a un Cronenberg de 22 anos no seu estado máis purista, que tenta explorar os fundamentos do cine.
-
FKM 2019. Festival de Cinema Fantástico da Coruña
Stereo (Tile 3B of a CAEE Educational Mosaic)
Presentación. Entrada gratis
- Países de produción: Canadá
- Guión: David Cronenberg
- Fotografía: David Cronenberg
- Montaxe: David Cronenberg
- Produtora(s): David Cronenberg