
Mulheres da Beira
Brunilde Júdice, António Pinheiro, Mário Santos, Rafael Marques
- 92 minutos
Mulheres da beira, visto desde hoxe, é un filme sorprendente e, sen dúbida, o máis libre e o máis “louco” de cantos saíron dos estudios da Invicta. Talvez Rino Lupo fose “un improvisador” (Félix Ribeiro) “un home con poucos coñecementos” (Manoel de Oliveira, que ata foi discípulo del nunha escola de actores que o primeiro tamén fundou en Portugal) ou “un mal ilustrador” (António Lopes Ribeiro). Mais Mulheres da beira, como, despois, Os lobos, son as obras máis fortes destes anos vinte portuenses e os filmes del que mellor resistiron a pasaxe do tempo.
(…) O que sobresae neste “magnífico filme en seis partes” (...) é a clara sensualidade de Brunilde Júdice e o acerto entre a personaxe e a paisaxe por onde circula, nas súas idas e vindas a Arouca.
(…) Mulheres da beira, nos seus desequilibrios e nas súas grandezas, é o primeiro filme que introduce o verismo no cine portugués. Podemos conxecturar unha hipotética formación operística de Rino Lupo. Mais, inocente ou culpable, a Traviata de Arouca que Brunilde Júdice tamén é, é unha singularísima personaxe no noso cine e, por forza da creación da actriz e do seu encadramento no marco serrano, permanece como a primeira mítica muller que el deu a coñecer.
E o que nos continua a unir a Mulheres da beira é que Brunilde Júdice sexa tan “contraditoria” (a cruz e os escotes) e a paisaxe tan ela mesma. Mulheres da beira é a primeira obra maior do cine portugués. (João Bénard da Costa)
- Ano:1922
- Países de produción: Portugal
- Guión: Rino Lupo, Abel Botelho
- Fotografía: Artur Costa de Macedo
- Montaxe: Marie Meunier
- Produtora(s): Invicta Film