Memoria e contraste
- 72 min.
Rubén Grilo, El mundo es tuyo, 2008, 35 min
«Esta obra está articulada coma un xogo de rol ao vivo onde hai un master –a persoa que arbitra as situacións para que se desenvolvan dentro dunha lóxica– e os demais fan de xogadores.» (Excerto do texto de Rubén Grilo en Situación, CGAC, 2009.) (Obra na colección do CGAC.)
Álvaro Negro, Canción de infancia (a través del ángel), 2009, 8 min 2 s
Imaxes documentais extrapoladas dos estertores finais da II Guerra Mundial (cadáveres de nenos), e encintándose no poema escrito por Peter Handke e recollido en Der Himmel über Berlin (Win Wenders, 1987, e gravación do autor. (Obra na colección do CGAC.)
Félix Fernández, Ich allein auf fremden wegen (Yo en caminos ajenos), 2011, 6 min 2 s
«Gravado en Berlín, fálanos da adaptación do ser humano a unha contorna descoñecida e de como a identidade se cinxe a patróns que non son propios para sentírmonos integrados.» (Félix Fernández.) (Obra na colección da Fundación Naturgy-MAC.)
Lois Patino, Montaña en sombra, 2012, 14 min
Unha paisaxe de montaña, contrastes de brancos e negros, o humano sucinto, o panorama reflexivo e trascendente, a medida racional perante a inmensidade. (Obra na colección da Fundación Naturgy-MAC.)
Paco Rocha, Dando a luz, 2014, 3 min 30 s
Oito micropaisaxes tratadas con filtros de cor, acompañadas dos sons do camiñar e dos propios da cámara fotográfica. (Obra na colección do CGAC.)
Miguel Mariño, Mirando al mar, 2015, 4 min 25 s
Unha cámara fixa observa desde o seu obxectivo o ceo e o mar do Orzán na Coruña. Paisaxe dual de gradacións azuis a erosionaren o 'ruído' do celuloide e do océano.
-
Mirada País. Videocreación
Memoria e contraste
Presentación: Alberto Carton (comisario), Antón Reixa. Conversa: Ignacio Pardo, Diego Santomé. Entrada gratis
- Ano:2015
- Países de produción: España