
Star Garden
Star Garden
- 22 minutos
A "ESTRELA," como está en singular, é o sol; e está metaforizado no inicio deste filme polo proxector que calquera use para mostralo. Despois o sol imaxinario traza o seu curso por toda sala escura en que se vexa. No "mediodía" (da narrativa) pode imaxinarse atrás da pantalla, para despois mudar a súa imaxinada fonte lumínica gradualmente de volta a través de posteriores tons e imaxinería das “estrelas” do cine ata que consegue outra vez unha relación á fronte coa lúa. Este "sol" do ollo mental de cada espectador non corresponde necesariamente co “sol representado” de fóra da pantalla; mais calquera que xogue este xogo da iluminación poderá seguramente ver o filme na súa máis conscientemente completa luz. De todos os xeitos, simplemente retrata (como dixo Brancusi): "Un deses días en que non comerciaría con nada baixo o ceo”. (Stan Brakhage)
___
Retrato de Stan Brakhage por Kai Sibley (cortesía de Marilyn Brakhage).
- Ano:1974
- Países de produción: Estados Unidos