Masterclass Kinothek Asta Nielsen
- 60 min.
Fundar unha cinemateca, fundar un novo canon
Fundada en Frankfurt en 1999, a Kinothek Asta Nielsen nace coa idea de difundir, documentar e investigar o cinema realizado por mulleres e a cultura cinematográfica queer. As súas cofundadoras, Karola Gramann e Heide Schlüpmann, falarán nesta masterclass da súa experiencia na elaboración dun novo canon da historia do cinema mediante o traballo da institución. Partindo dos discursos do novo movemento feminista da década de 1970, o equipo da Kinothek Asta Nielsen vén traballando en dar visibilidade e acceso a filmes que antes eran inaccesibles, e en xerar debate e pensamento crítico arredor deles. Un labor que sacou á luz importantes legados do cinema, como o da propia Asta Nielsen, estrela do cinema mudo danesa e tamén esencial actriz e produtora.
O arquivo reúne filmes non comerciais en formato de 16 mm e Super 8, xunto con material impreso como catálogos e outras publicacións relevantes, que abranguen folletos, programas de man e textos inéditos sobre cinema feminista. Organizan ciclos e proxeccións, eventos sobre historia e teoría do cinema e diversos proxectos colaborativos; tamén traballan na restauración e dixitalización de películas e na posta en circulación de copias. Un labor polifacético que contribuíu de xeito crucial a elaborar un novo canon da historia do cinema, máis amplo e inclusivo.
-
(S8) XVII MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO
Masterclass Kinothek Asta Nielsen
Versión lingüística:VOFormato:HDEntrada de balde.
- Ano:2026
- Países de produción: Alemaña