The Masseurs and a Woman
Anma to onna / 按摩と女
Mieko Takamine, Shin Tokudaiji, Shinichi Himori, Bakudan Kozo, Shin Saburi, Ayuko Hirano, Toru Hirose, Takeshi Sakamoto, Hideko Kasuga, Zentaro Iijima
- 65 min.
Tokuichi e Fukuichi son dous masaxistas cegos ofrecendo os seus servizos polos complexos de baños termais situados na península de Izu. Nun destes complexos, Tokuichi atende unha muller misteriosa proveniente de Toquio chamada Michiho, quen lle parece tanto atractiva como enigmática. Cando unha serie de roubos comezan a producirse no complexo, Tokuichi dáse conta de que o ladrón só pode ser Michiho. Aínda que Hiroshi Shimizu escribiu o guión de The Masseurs and a Woman, unha das súas películas máis persoais foi en realidade o resultado da improvisación, con Shimizu levando un elenco e equipo de ideas afíns a unha localización tan do seu gusto como Izu deixando que a película se desenvolvese desde alí.
Foto ©1938 Shochiku Co., Ltd
-
Hiroshi Shimizu – A arte de perderse
The Masseurs and a Woman
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.
- Ano:1938
- Países de produción: Xapón
- Guión: Hiroshi Shimizu
- Fotografía: Masao Saito
- Produtora(s): Shochiku
Descubrindo a Hiroshi Shimizu
Imogen Sara Smith (Reverse Shot)
A pesar da calidez e o encanto das películas de Shimizu, e do seu enfoque nos lazos de solidariedade, un dos seus temas máis recorrentes é o ostracismo social e a súa lacerante inxustiza. As mulleres son rexeitadas por traballar como azafatas de bar (Olvida el amor por ahora), artistas (Notes of an Itinerant Performer) ou prostitutas, a pesar de que estes roles están profundamente arraigados na sociedade xaponesa. Tanto en Ornamental Hairpin como en The Masseurs and a Woman, os complexos turísticos de montaña convértense en refuxios para mulleres que buscan escapar das súas vidas como amantes mantidas. O interese de Shimizu polos marxinados esténdese tamén aos inmigrantes estranxeiros e ás persoas con discapacidade. Os masaxistas cegos desta última película son ferozmente independentes e dotados dunha sensibilidade extraordinaria (o seu tan cacarexado «sexto sentido»), pero os videntes non os ven realmente. Esta é unha das películas máis estrañamente conmovedoras de Shimizu, impregnada tanto de anhelo como dunha corrente eléctrica de ira, a ira dos sensibles e os invisibles. Tamén é unha das súas películas máis belas, con composicións de ampla profundidade de campo que enmarcan serenos cuartos con tatamis, movementos de seguimento lateral que se deslizan como pantallas shoji e unha exquisita serie de fundidos nos que unha muller baixo un paraugas cruza un río baixo a choiva, como un gravado en madeira que cobra vida fugazmente.
Tradución propia do inglés.