Mamma Roma
Anna Magnani, Ettore Garofalo, Franco Citt, Silvana Corsinii
- 106 minutos
A prostituta Mamma Roma (a irrepetible Anna Magnani) abandona a súa profesión. O seu proxeneta casou e cos cartos dos seus aforros Mamma Roma pensa en instalarse nun barrio decente co seu fillo Héctor. Pasa un tempo e posúe un posto de froita nun mercado popular, pero Carmine volta con graves problemas económicos pedíndolle que regrese á prostitución. A aspiración pequenoburguesa anida nun relato, que, fronte a Accatone, introduce no personaxe principal, en palabras do seu autor, “unha problemática moral”, unha responsabilidade en varios niveis que explica en sucesivas capas a evolución constante que Pasolini vai establecer no seu cine.
- Ano:1962
- Países de produción: Italia
- Guión: Pier Paolo Pasolini
- Fotografía: Tonino Delli Colli
- Montaxe: Nino Baragli
- Produtora(s): Arco Film Roma