Los amigos, la pinícula
David Noya, Enrique Lojo
- 65 minutos
Los amigos, la pinícula é un filme que trata sobre tres amigos que queren facer unha película chamada Los amigos, que versa sobre uns amigos que fan cousas de amigos como ir ao cine ou dárense a man. A visión do proxecto de cada amigo é diferente. Jerry, guionista e director, quere facer un drama social; Roger, exquisito actor, famoso por ser o protagonista dun anuncio de iogures, quere facer unha peli de acción con zombis e promete que ha participar nela Jason Sthatam. Gilligan que é boxeador e amante das artes marciais, pretende custe o que custar meter na peli unha escena de sexo en que se poida lucir. Estas discordancias darán lugar a unha serie de conflitos que han desembocar no despedimento fulminante de Jerry, o creador da historia. Roger e Gilligan substituirano por Radilo, un director famoso polas súas rodaxes en bautizos, comunións e enterros, mais todo sairá mal xa que na gravación irromperá Daisy, unha muller imaxinaria e protagonista dos soños húmidos de Gilligan e armarase unha boa lea. Pola súa banda Jerry está enfurecido mais a súa conciencia (un travesti que sae do armario do seu cuarto) axudarao a seguir o camiño do éxito: Usará a Rosalinda para darlle celos a Roger e grazas a esta estratexia, Jerry volve asumir a dirección da súa película. Para que o proxecto arrinque dunha vez, Gilligan contrata a Fermín, un produtor amiguiño seu . É un grande empresario. Vaia, en realidade ten unha carnizaría. A primeira medida que adopta Fermín é contratar unha directora mais isto é imposible porque xa teñen director: Jerry. A única solución é cambiar de sexo ao director. Fermín ocuparase da operación na súa propia carnizaría. Tras a intervención, Roger namorarase de Salomé, a nova identidade de Jerry. A película acaba cunha homenaxe á mellor serie de todos os tempos: Los Serrano.
- Ano:2019
- Países de produción: España
- Guión: Omar Rabuñal
- Fotografía: César Seijas
- Montaxe: David Noya, Omar Rabuñal
- Produtora(s): Correlo Filmes