License to Live
Ningen gōkaku / ニンゲン合格
Hidetoshi Nishijima, Kōji Yakusho, Shun Sugata
- 109 min.
Tras dez anos en coma por un accidente, o mozo protagonista esperta de súpeto nun mundo totalmente distinto ao que coñecía. Trata de reconstruír os vínculos familiares e a súa propia vida, pero non é fácil entender que a súa existencia cambiou para sempre.
Foto ©1999 Kadokawa Pictures
-
Kiyoshi Kurosawa: A vinganza da soidade
License to Live
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Entrada de balde.
-
Kiyoshi Kurosawa: A vinganza da soidade
License to Live
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Entrada de balde.
- Ano:1998
- Países de produción: Xapón
- Guión: Kiyoshi Kurosawa
- Fotografía: Jun'ichirô Hayashi
- Montaxe: Masahiro Ônaga
- Produtora(s): Daiei
Crítica do filme
Tom Mes (Midnight Eye)
Aínda que a súa carreira se caracteriza polas películas de terror e (en menor medida) de yakuza, License to Live demostra que Kiyoshi Kurosawa ten o mesmo talento para dirixir dramas. Ou debería dicirse comedias? Porque, a pesar de tratar temas tan potencialmente densos como a desintegración da familia e a perda do pasado dun home en coma, License to Live provoca máis risas que bágoas.
(…) A pesar do cambio de ritmo, o característico estilo visual árido e sombrío de Kurosawa segue estando moi presente aquí. Pero, desposuído de tácticas terroríficas, serve para salientar os toques cómicos secos da historia e os personaxes, e complementa o enfoque refrescante do director cara ó xénero. Non hai nin un chisco de sentimentalismo en License to Live. Afástase moito dos camiños trillados do drama humano, rexeitando a previsibilidade da traxedia cinematográfica habitual para ofrecer risos xenuínos.
A película tamén volve demostrar a destreza de Kurosawa como guionista. O seu Yutaka é un personaxe que oscila constantemente entre a madurez e a infancia, obrigado a recuperar os dez anos cruciais que lle faltan no seu desenvolvemento mental. O método polo que finalmente dá ese gran paso é reconstruíndo e revivindo un dos momentos máis felices da súa infancia. Cando completa a tarefa, é libre de deixar atrás esa infancia, pero necesita un elemento externo inesperado para darse conta finalmente diso.
Do mesmo xeito que nas películas de terror e yakuza de Kurosawa, License to Live aborda e reavalía as regras e expectativas dun xénero artificioso, pero resulta moi familiar para quen coñece a obra do director. Reinventarse constantemente e, ao mesmo tempo, manter unha coherencia notable é sen dúbida a característica definitoria dun autor, e Kiyoshi Kurosawa encaixa perfectamente nesta descrición.