Last Chants for a Slow Dance
Tom Blair, Jessica St. John, Steven Voorheis
- 90 minutos
Inicio da triloxía de Tom Blair (polos filmes realizados por Jost en colaboración con este actor) e unha road movie emblemática do cine estadounidense independente dos 70, unha peza de culto con pisadas do caso criminal Gary Gilmore. Rodada nunha semana con 3.000 dólares e un uso do celuloide, 16 milímetros, con criterios de máxima rendabilidade (os 110 minutos filmados reducidos a 90...), Jost propón un itinerario terminal, o do personaxe central, un antihéroe, Tom Bates, mostrado nun tempo indeterminado da súa vida cotián, con elegancia formal, brillantes usos musicais e un vagabundeo tan desesperanzado como perspicaz .
- Ano:1977
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Jon Jost
- Fotografía: Jon Jost
- Montaxe: Jon Jost
- Produtora(s): Jon Jost