Jon Jost
Do 23 de novembro de 2023 ao 2 de decembro de 2023
En novembro seremos escenario dunha estrea mundial, Casa do silencio, produción de aCentral Folque, filmada en Galicia polo cineasta independente estadounidense Jon Jost. Con tal motivo, o director será obxecto dunha retrospectiva dentro da nosa programación.
Nado en Chicago en 1943, Jon Jost é un trotamundos desde a súa infancia: os traslados profesionais dun pai militar fan que creza entre distintos lugares de Estados Unidos, Xapón, Italia ou Alemaña. Fogueado no activismo dos 60, vai ser neses anos onde comece o seu vencello co cine, xerme dunha carreira como artista autodidacta, experimental, heterodoxo e viaxeiro todoterreo tan prolífica como singular e incombustible.
Jon Jost estará na Coruña o día 24 para o primeiro pase público do seu novo traballo ás 20,30 horas, despois dunha clase maxistral ás 18,00 h. desa mesma tarde, de acceso gratuíto. Na véspera desta estrea arrancará, ademais, unha escolma que ofrecerá ata o 2 de decembro outras seis películas súas, entre elas algúns dos seus títulos máis coñecidos como All the Vermeers in New York, que será igualmente presentada polo seu director o día 23, Last Chants for a Slow Dance ou Coming to Terms, xa en decembro.
En colaboración con aCentral Folque.
Coa colaboración de