The Bed you Sleep In
Tom Blair, Ellen McLaughlin
- 117 minutos
O relativo éxito e distribución de All the Vermeers in New York, permite a Jost abordar un tema –o abuso de menores- polémico. Cun orzamento de 105.000 dólares, a fin da triloxía de Tom Blair (polo triplete conformado co actor colaborador) é unha talentosa e corrosiva traxedia pastoral moi loubada por xentes como Adrian Martin ou Jonatham Rosembaum. Nun momento no que a realidade é difícil para os traballadores dos aserradeiros do noroeste como Ray ou a súa esposa Jean, as súas vidas deveñen en caos cando a súa filla escribe desde a universidade, destapando uns recordos reprimidos de abuso sexual que nomean ao pai como responsable. Presente nos festivais de Berlín, San Francisco e Sundance.
- Ano:1993
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Jon Jost
- Fotografía: Jon Jost
- Montaxe: Jon Jost
- Produtora(s): Complex Corporation