Las altas presiones
Andrés Gertrudix, Itsaso Arana, Diana Gómez
- 85 minutos
Na súa segunda longametraxe, Ángel Santos (Marín, 1976), bosquexa con precisión e delicadeza unha historia de abandono, de ritmos vitais e regreso ás orixes, unha proposta á que convén volver. Miguel viaxa á súa cidade natal, Pontevedra. Ten a misión de rexistrar as localizacións para unha película. A súa viaxe lévao ao lugar onde medrou, tamén ao reencontro con vellos amigos e, sobre todo, á posibilidade dun novo amor: Alicia, unha moza enfermeira que conseguirá apazugalo. Miguel tratará de levar a termo o seu traballo, aínda que prefira gravar os lugareños cos que se atopa, os movementos e os rostros dos amigos, os trens pasando ou o mar.
-
Off Galicia: NCG10
O cazador
Las altas presiones
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación do director. Entrada de balde.
- Ano:2014
- Países de produción: España
- Guión: Ángel Santos, Miguel Gil
- Fotografía: Alberte Branco
- Montaxe: Fernando Franco
- Produtora(s): Matriuska Producciones